Carmen García Mateo presentou oficialmente a súa candidatura ás eleccións á Reitoría da Universidade de Vigo previstas para 2026. No acto celebrado en Redeiras, apelou a un “paso adiante colectivo” para reforzar a cohesión, o liderado e a confianza institucional. A candidata aposta por unha universidade aberta, sólida e con voz propia, e reivindica o seu compromiso co servizo público: “Quero ser a primeira reitora da nosa institución”.